DISPOSITIVOS INCLUÍDOS
Enviarémosche, sen ningún custo adicional, os dispositivos que aloxarán unha das copias de seguridade dos teus datos.
O sistema de copias de seguridade no que non tes que preocuparte de nada
Tamén podes contactarnos directamente:
"Saber que todos os traballos que fixen ao longo da miña traxectoria profesional están protexidos dáme unha enorme tranquilidade."
Artista gráfico
(cliente desde 2015)
"Despois de sufrir un incidente de seguridade preocupante, en Redundata ocupáronse de todo. Agora traballamos con moita máis tranquilidade."
Empresa de construción
(cliente desde 2020)
"Antes as nosas copias estaban só na oficina. Con Redundata sabemos que os nosos datos están protexidos mesmo se pasa algo aquí."
Asesoría laboral, fiscal e contable
(cliente desde 2022)
Moitas empresas cren que teñen copias de seguridade... ata que as necesitan.
Instalamos o sistema de copias de seguridade:
Configuramos as copias automáticas nos equipos ou servidores da túa empresa.
As copias realízanse automaticamente:
Os teus datos gárdanse de forma periódica sen que teñas que facer nada.
Supervisamos que todo funcione correctamente:
O noso sistema monitoriza as copias e detecta se algo falla.
Se hai algún problema, actuamos:
Recibimos avisos automáticos e revisamos o sistema para que as copias volvan funcionar.
Se necesitas recuperar datos, chámanos:
Podemos restaurar o que perdiches cando o necesites.
Enviarémosche, sen ningún custo adicional, os dispositivos que aloxarán unha das copias de seguridade dos teus datos.
Realizaremos revisións e probas de restauración periódicas para comprobar que todo está funcionando correctamente.
As túas copias de seguridade cumprirán a normativa vixente relativa á protección de datos.
As túas copias de seguridade estarán encriptadas para que ninguén poida acceder aos teus datos.
Manteremos, polo menos, unha copia de seguridade diaria dos teus datos dos últimos 3 meses.
Realizaremos unha copia diaria de todos os teus datos nos dispositivos que che enviamos e outra fóra da túa oficina (na nube).
Ter ficheiros na nube non implica necesariamente ter copias de seguridade dos mesmos. Explicámoscho cun exemplo: se tes conta nalgún servizo dese estilo e borras un ficheiro accidentalmente nun dos dispositivos que accede a esa conta, o ficheiro bórrase de todos os dispositivos e, en moitos casos, non é posible a súa recuperación. Un sistema de copias de seguridade debe garantir a recuperación dos ficheiros, tanto na súa versión máis reciente, recollida na última copia, coma noutras versións máis antiguas.
Todo bo sistema de copias de seguridade debe garantir a recuperación ante diferentes tipos de desastres. Se os datos e as copias de seguridade están aloxadas no mesmo espazo físico, non estás cuberto/a ante posibles riscos (un curtocircuíto, un incendio, unha inundación, un vaso de auga etc.). En xeral, é boa idea que tamén se realicen copias de seguridade fóra das dependencias onde están os datos orixinais.
Por outra parte, un elemento crucial nun bo sistema de copias de seguridade é a realización de probas de restauración periódicas, para garantir que as copias se están facendo. Se non se realizan estas verificacións periódicas, é posible que as copias non estean cando as necesites.
Se non houbo ningunha manipulación non autorizada, accidente ou mal uso do dispositivo, substituirémolo sen ningún custo.
Depende de cada caso. Unha vez analicemos o teu, decidiremos conxuntamente se o que máis che convén é o emprego de un ou varios discos externos para os teus ordenadores ou un servidor central que almacene as copias de todos os ordenadores da túa oficina.
Un ransomware é un tipo de virus informático que, unha vez infecta un ordenador, encripta todos os seus datos, facendo imposible a súa recuperación. En moitas ocasións, unha vez que o virus consegue encriptar os datos, os responsables solicitan unha cantidade económica a cambio de desencriptalos.
Os nosos sistemas de copias de seguridade inclúen sempre unha copia dos ficheiros na nube resistente ás accións deste tipo de virus.
desde 50 € + IVE
desde 15 € + IVE